Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da UD Cebarca

A Unión Deportiva Cebarca convoca a todos os seus socios e socias á Asemblea Xeral Ordinaria da entidade, que terá lugar o vindeiro venres 3 de xullo de 2026 nas instalacións do Campo de Fútbol Municipal Bernardino Breijo.

A reunión celebrarase ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria.

Durante a asemblea abordaranse os seguintes puntos da orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Estado de contas.
  3. Elección da nova Xunta Directiva.
  4. Rogos e preguntas.

Desde a UD Cebarca animamos a todos os socios e socias a participar nesta cita, fundamental para o presente e o futuro da nosa entidade, nun ano especialmente significativo para o club coa celebración do noso 50 aniversario.

Cerdido, xuño de 2026.


Comentarios

Deja una respuesta