O primeiro domingo de Liga no Bernardino deixou tamén a primeira galería da temporada 2026/27.
A UD Cebarca comezou o campionato cunha vitoria por 3-1 ante a UDC Narahío, nun partido que se decidiu por completo na segunda metade.
Despois dunha primeira parte sen goles e con poucas ocasións nas dúas áreas, os visitantes adiantáronse no marcador. O Cebarca respondeu aumentando a presión e buscando o partido ata conseguir darlle a volta.

David Breijo abriu o camiño cun espectacular gol desde longa distancia, practicamente desde o medio campo. Xa nos minutos finais, Marquitos, de penalti, e Adrián completaron a remontada.
Tres puntos para abrir a Liga e moitas imaxes dun Bernardino que volveu reunir á súa xente arredor do campo.
📸 Así vivimos a primeira xornada.
#ImosCebarca #50AnosXuntos



Deja una respuesta