O capitán da UD Cebarca foi operado este xoves da lesión de xeonllo que o manterá apartado dos terreos de xogo. Xa na casa, Javi cóntanos como se atopa e como afronta agora os primeiros pasos da recuperación.
Hai partidos que toca seguir desde fóra. E a Javi tócalle facelo durante un tempo.
O capitán da UD Cebarca pasou este xoves polo quirófano para ser intervido da lesión sufrida no seu xeonllo esquerdo. Unha lesión que o obrigou a parar cando apenas comezaba a temporada e que agora, unha vez superada a operación, abre unha etapa diferente: a recuperación.
A primeira noticia é a máis importante. Todo saíu segundo o previsto.
«Todo bastante ben, a verdade. Saín para casa e todo saíu como tiña que saír.»
Xa na casa, Javi recoñece as molestias lóxicas destes primeiros días. A rodilla continúa inflamada e dolorida, pero as sensacións son boas.

Agora, paciencia
As primeiras semanas serán necesariamente tranquilas.
Segundo explica o propio Javi, durante aproximadamente un mes terá que limitar bastante o apoio. A medida que vaia baixando a inflamación poderá comezar a flexionar progresivamente a perna, inicialmente ata os 90 graos.
Despois chegará unha nova revisión co traumatólogo, prevista aproximadamente dentro dun mes ou mes e pico, que servirá para comprobar a evolución e determinar os seguintes pasos da recuperación.
Non hai présa nin datas marcadas para volver ao fútbol.
Agora o calendario é outro.
«Polo menos, para a recuperación vai indo ben.»
Esa é hoxe a prioridade.

🎙️ Javi cóntanolo
Como foi a operación? Como se atopa nestes primeiros días? E que lle espera agora?
Neste audio, o propio Javi cóntanos como está vivindo o inicio da recuperación.

«Descontando os días»
Non está sendo o inicio de temporada que imaxinaba o noso capitán.
Agora tocaralle ver os partidos doutra maneira e cambiar durante un tempo os adestramentos e os domingos no campo polo traballo de recuperación.
Pero se algo deixa claro cando lle preguntamos como está é que as ganas seguen intactas.
«Síntome ben, con forza. Agora, descontando os días.»
E remata á súa maneira:
«A darlle caña.»
Pois iso, Javi.
Un día menos. 💙





Deja un comentario