II TORNEO DE FÚTBOL 7 CONCELLO DE CERDIDO: CONSOLIDANDO UN TORNEO CON IDENTIDADE

O pasado venres 21 e sábado 22 de xuño celebrouse no campo Bernardino Breijo a segunda edición do Torneo de Fútbol 7 Concello de Cerdido, unha cita que, malia contar con algo menos de participación que o ano pasado, consolidouse como un evento serio, ben organizado e cheo de fútbol do bo.

⚽ O que se perdeu en número, gañouse en calidade, cun ambiente inmellorable, partidos moi competidos e unha gran implicación de todos os equipos participantes.

🏆 O Mástil, campión nunha final de infarto

O torneo pechouse cun auténtico partidazo entre O Mástil e A Tráiña, que rematou cun vibrante empate (4-4) e se resolveu na quenda de penaltis a favor de O Mástil, que se proclamou campión da edición 2025.

🥉 No duelo polo terceiro e cuarto posto, O Vilar impúxose por 0-2 a Tuimil FC.

O’ Mástil
A Traiña
O Vilar

🧤🏅 Premios individuais

Mellor porteiro: Marcos Rodríguez (A Tráiña), que cedeu o premio a Manuel Beceiro (O Mástil), nun xesto de compañeirismo digno de destacar. Mellor xogador do torneo: Manu Pol, polo seu rendemento constante e decisivo ao longo da competición.

💙 Un equipo detrás do torneo

Queremos dar as grazas máis sinceras a todas as persoas que fixeron posible o desenvolvemento do torneo, desde quen estivo na sombra organizando horarios ou montando material, ata quen botou unha man no bar, cos premios, coas redes ou co control deportivo.

Tamén agradecemos aos árbitros a súa sempre difícil pero imprescindible labor, e ao Concello de Cerdido, pola súa inestimable colaboración e apoio constante.

⚽️ O fútbol feminino, pendente pero presente

Unha das espinas desta edición foi non poder celebrar a categoría feminina, debido á falta de equipos inscritos.

Non por iso deixamos de crer na súa importancia: o noso compromiso co fútbol feminino mantense firme, e traballaremos desde xa para que en 2025 haxa unha categoría para elas, con visibilidade e igualdade de condicións. Porque tamén son parte esencial do noso fútbol.

🗓️ Mirando cara ao futuro

Este torneo segue medrando, paso a paso, con humildade e moito traballo. A participación pode variar, pero o que non cambia é a ilusión de consolidar esta cita no calendario do fútbol local e comarcal.

✨ Xa pensamos en 2025, con ganas de mellorar e seguir ofrecendo un torneo que represente os valores do noso club, do noso concello… e do fútbol modesto que tanto queremos.

Grazas a tod@s por formar parte. Seguimos!

#TorneoCebarca2025 #FútbolEnCerdido #OrgulloDeEquipo #PaixónPoloFútbol #CerdidoÉFútbol #TorneoFutbol7Cerdido