Etiqueta: UdCebarca
-

Galería de fotos | UD Cebarca 1-1 CD Rosalía
Xa está dispoñible a galería de fotos do empate no Bernardino Breijo diante do CD Rosalía. Un partido intenso, con gol de Víctor Bouza e bo ambiente nas gradas, que deixou un punto para cada equipo. 📸 Podes ver o álbum completo aquí:
-

O Cebarca perdoa e paga caro nun derbi decidido por detalles (1-0)
O Cebarca caeu pola mínima no Municipal de Cariño nun partido moi igualado que acabou decidíndose por pequenos detalles, tal e como se intuía na previa.
-

Un punto de diferenza e noventa minutos por diante
Este domingo o Cebarca visita o Municipal de Cariño nun duelo directo da zona media-alta. Eles son 6º con 31 puntos; nós, 8º con 30. A clasificación é clara: igualdade máxima e marxe mínima de erro. Non é unha final, pero tampouco é un partido máis. Partido de ritmo alto e pouca marxe En Cariño…
-

Un final cruel deixa sen premio ao Cebarca ante o líder (1-2)
O Municipal Bernardino Breijo viviu unha tarde especial. Sol, sen vento e ambiente de derbi, deses que sempre cumpren. A UD Cebarca estreaba a equipación conmemorativa do 50 aniversario, dando así comezo ao ano dunha celebración que queremos vivir coa nosa xente e co orgullo de representar Cerdido. Non puido ser cun triunfo como nos…
-

O Cebarca cae en Caranza nun duelo de alto nivel (2-0)
A UD Cebarca non puido puntuar no Municipal de Caranza nun encontro esixente e moi competido ante o Galicia de Caranza, resolto na reanudación con dous tantos practicamente seguidos. Un partido “de poder a poder”, e no que os nosos deixaron unha boa imaxe en moitos tramos, pero sen premio final. Crónica do partido O…
-

Álex González: “Esta camiseta simboliza a unión dun pobo e dunha afección”
A UD Cebarca inicia a tempada 2025/26 coa ilusión intacta e coa confianza de ter no vestiario un referente: Álex González Piñón, un dos capitáns do equipo e xogador que leva máis dunha década defendendo os nosos cores. A súa historia é tamén a historia do club: compromiso, superación e orgullo por representar a Cerdido.

