Previa Xornada 28: Un novo reto ante o CD Narón

Esta fin de semana, o Municipal Bernardino Breijo será o escenario de mais un duelo vital para os intereses da UD Cebarca, que recibe ao CD Narón nun encontro correspondente á xornada 28 da Segunda Futgal Ferrol. Un partido marcado no calendario tanto pola súa importancia na táboa como polo recordo do enfrontamento da primeira volta en O Cadaval, onde a nosa equipa sufriu unha dura derrota (4-1) nun encontro condicionado pola actuación arbitral e as expulsións.


O partido de ida en O Cadaval, marcado por moita tensión e cartóns por doquier.

Agora, coa clasificación apertada e os obxectivos en xogo, o equipo chega con outra cara, asentado, cun bo momento colectivo e co desexo de deixar todo no campo ante un bo rival.

Un rival incómodo e ben organizado

O CD Narón chega ao encontro como un rival perigoso, pero nun momento delicado: acumula 4 xornadas sen coñecer a vitoria e perdeu algo do impulso que o mantivo na zona media da táboa. Aínda así, trátase dun equipo compacto, cunha proposta moi intensa e capacidade para facer dano ao contragolpe. Na ida, puxéronnos en serios apuros e iso obriga ao Cebarca a xestionar mellor o ritmo e circular con intelixencia. Ter paciencia e evitar perdas en zonas comprometidas será clave para superar a súa presión e marcar diferenzas.


Deco impón carácter nun duelo ante o Narón.

O domingo, a afección ten unha nova cita co equipo. Un partido para vivir, para empurrar e para seguir soñando. En xogo está máis que tres puntos. Vamos Cebarca!

#UDCebarca #FútbolGalego #PaixónEOrgulloDeCerdido #Xornada28 #SempreCebarca