Entrevista a Diego Graña Pérez: Unha Mirada ao I Torneo de Fútbol 7 Concello de Cerdido

Diego Graña Pérez non só destaca no campo como xogador e capitán da UD Cebarca, senón tamén fóra del, onde desempeña actualmente as funcions de concelleiro de Deportes e Xuventude en Cerdido. Hoxe, falamos con él para profundizar na xénese e nas aspiracións do I Torneo de Fútbol 7 Concello de Cerdido, un evento que promete ser un fito no calendario deportivo do Concello.

1. ¿Como xurdiu a idea de organizar este torneo de Fútbol 7 no Concello de Cerdido?

Diego: A idea ven de hai tempo. O Cebarca xa organizou torneos de categorías base anteriormente, pero sempre nos quedaron ganas de facer un de categoría adulta. Este ano retomamos a idea de novo, e xuntando ó clube e antigos xogadores con moitas ganas finalmente conseguimos sacalo a diante. Pola miña parte, tanto como xogador como sendo participe da organización dos eventos deportivos do Concello dame moito gusto poder axudar e facer este tipo de xornadas. 

2. ¿Cales son os principais obxectivos que se busca alcanzar con este torneo?

Diego: Encantaríanos ter unha gran participación e con equipos de nivel. O principal é que naide se lastime, pasalo o mellor posible e que a xente queira repetir con nos.

3. ¿Como está a colaborar o Concello e o clube na organización de este evento?

Diego: O clube é o principal organizador. Este estase a encargar da disposición dos equipos, inscripcións, cantina… da xestión do evento en xeral. No caso do Concello, encargase da preparación do terreo de xogo, así como do acondicionamento das instalacións.

Diego Graña e Rubén Galego, concelleiro de deportes e presidente do Cebarca respectivamente, posan co cartel do torneo no céspede do Municipal Bernardino Breijo.

4. ¿Que poden esperar os participantes e espectadores do torneo?

Diego: Esperamos que sea un torneo de nivel, nun terreo de xogo inmellorable, e con un ambiente deportivo e festivo. Ademais dos xogadores, queremos que os espectadores tamén se sintan acollidos, polo que intentaremos preparar un espazo cómodo para poder disfrutar do fútbol. Confiando en que o tempo tamén nos acompañe!

5. ¿Cal é a expectativa de participación feminina neste torneo e que considerarías un éxito? Ademais, que mensaxe che gustaría enviar ás rapazas para animarlas a participar e inscribirse?

Diego: Ainda que vendo outros torneos os equipos femeninos foron unha minoría, a nosa expectativa é positiva. Estaríamos encantados de crear un torneo equitativo co mesmo número de equipos femininos e masculinos, ese sería un gran éxito para nos. A nosa mensaxe para as rapazas é simple, non dudedes en participar no que vos gusta, animadevos e a disfrutar do mellor deporte do mundo!

Diego e a organización agardan e aspiran a unha ampla presenza de equipos femininos.

6. ¿Hai algún plan para que este torneo se converta nun evento anual?

Diego: Temos as expectativas altas neste torneo. Se todo sale ben e a xente queda contenta o magnífico sería poder organizalo anualmente. Tamen gustaríanos resaltar que sendo un campo natural queremos ver como responde e se esta preparado para este tipo de eventos. Non nos podemos olvidar de que é o campo que utiliza o Cebarca durante o ano para a competición oficial.

7. Unha mensaxe para aqueles que están pensando en inscribirse ou asistir.

Diego: Dende a organización incitamos a todas as rapazas e rapaces a participar nun torneo inmellorable. Poderán disfrutar do fútbol, dos amigos, comida, música… animadevos!

Mentres o torneo se achega, aguardamos con expectación para ver como se desenvolve esta nova iniciativa. Coa colaboración do Concello de Cerdido e a organización a cargo do Cebarca e Diego como cara visible, o torneo promete non só ser un evento deportivo de éxito, senón tamén un catalizador para fomentar o deporte e a paixón polo fútbol entre mozos e mozas de toda a zona.



Marca os días no teu calendario e únete. As prazas son limitadas! Para máis información e rexistro, contacta con:

Calderón: 670 034 643

Diego: 618 226 699

Rubén: 686 676 949

Carlos: 609 559 394 (WPP)