Etiqueta: Fútbol Galego
-

Álex González: “Esta camiseta simboliza a unión dun pobo e dunha afección”
A UD Cebarca inicia a tempada 2025/26 coa ilusión intacta e coa confianza de ter no vestiario un referente: Álex González Piñón, un dos capitáns do equipo e xogador que leva máis dunha década defendendo os nosos cores. A súa historia é tamén a historia do club: compromiso, superación e orgullo por representar a Cerdido.
