Etiqueta: Cebarca
-

Álex González: “Esta camiseta simboliza a unión dun pobo e dunha afección”
A UD Cebarca inicia a tempada 2025/26 coa ilusión intacta e coa confianza de ter no vestiario un referente: Álex González Piñón, un dos capitáns do equipo e xogador que leva máis dunha década defendendo os nosos cores. A súa historia é tamén a historia do club: compromiso, superación e orgullo por representar a Cerdido.
-

II TORNEO DE FÚTBOL 7 CONCELLO DE CERDIDO: CONSOLIDANDO UN TORNEO CON IDENTIDADE
O pasado venres 21 e sábado 22 de xuño celebrouse no campo Bernardino Breijo a segunda edición do Torneo de Fútbol 7 Concello de Cerdido, unha cita que, malia contar con algo menos de participación que o ano pasado, consolidouse como un evento serio, ben organizado e cheo de fútbol do bo.
-

Rematou o soño, pero a ilusión segue viva
Este domingo puxemos o ramo a unha tempada inesquecible cun partido que, aínda con resultado adverso, reforzou o espírito e a unión que definen á UD Cebarca. No campo Municipal Jesús Carlos Pampín de Melide, os nosos loitaron ata o final nun ambiente digno dun playoff de ascenso, arroupados por unha afección exemplar que deixou…
-

O Cebarca fai historia: 2-1 ante o Cariño e billete para o playoff!
O soño segue vivo. A UD Cebarca certificou este domingo a súa presenza no playoff de ascenso á Primeira Galicia logo dunha vitoria sufrida e moi traballada por 2-1 fronte ao CD Cariño, na derradeira xornada da Segunda Futgal – Grupo Ferrol.
-

Previa Xornada 28: Un novo reto ante o CD Narón
Esta fin de semana, o Municipal Bernardino Breijo será o escenario de mais un duelo vital para os intereses da UD Cebarca, que recibe ao CD Narón nun encontro correspondente á xornada 28 da Segunda Futgal Ferrol.
-

Entrevista a Gundín, o Novo Adestrador da UD Cebarca
Estamos encantados de dar a benvida a Gundín como o novo adestrador da UD Cebarca. Gundín achega unha ampla experiencia tanto en categorías de base como en equipos sénior, converténdoo no candidato ideal para liderar o noso equipo tras a saída de Gabi. Nesta entrevista, profundaremos nos seus inicios, na súa experiencia e nas súas…
