Afición

O noso motor. A nosa casa. A nosa xente.

A UD Cebarca é moito máis ca un equipo. É xente, é pobo e é un sentimento que se vive cada fin de semana no Bernardino Breijo.

A nosa forza está na bancada, nas familias que veñen apoiar, nas persoas que sempre están, e tamén en quen se achega por primeira vez. Aquí todos sumamos.

50 Anos Xuntos. 50 Anos Representando Cerdido.