Cincuenta anos xuntos: o Cebarca que fomos, o Cebarca que somos
Hai clubs que se explican con títulos. Outros, cos cartos. E hai clubs, como a UD Cebarca, que se explican coa xente. Este ano comezamos a camiñar cara a unha data moi especial: os 50 anos de vida dun club humilde, nacido en febreiro de 1977, nun concello pequeno pero cun sentimento enorme polo fútbol.…
II Festa do Cocido da UD Cebarca
A UD Cebarca celebra unha nova edición da súa Festa do Cocido, unha xornada pensada para xuntar á xente arredor da mesa, da música e do sentimento de club. Un evento que xa é tradición, no que fútbol, convivencia e comunidade van da man, e que este ano se enmarca ademais na celebración do 50…
Álex González: “Esta camiseta simboliza a unión dun pobo e dunha afección”
A UD Cebarca inicia a tempada 2025/26 coa ilusión intacta e coa confianza de ter no vestiario un referente: Álex González Piñón, un dos capitáns do equipo e xogador que leva máis dunha década defendendo os nosos cores. A súa historia é tamén a historia do club: compromiso, superación e orgullo por representar a Cerdido.
Fernando Gundín: “O favoritismo hai que demostralo no campo”
O noso adestrador, Fernando Gundín, foi protagonista esta semana no programa Tribuna Deportiva Ferrol de Metro FM, dirixido por Juan Galego. Nunha entrevista amena e cargada de fútbol, repasou a actualidade do equipo, o ambiente no club e os retos que nos esperan nesta tempada 2025/26 en Segunda Galicia. O cartel de favoritos Moitos sitúannos…
II TORNEO DE FÚTBOL 7 CONCELLO DE CERDIDO: CONSOLIDANDO UN TORNEO CON IDENTIDADE
O pasado venres 21 e sábado 22 de xuño celebrouse no campo Bernardino Breijo a segunda edición do Torneo de Fútbol 7 Concello de Cerdido, unha cita que, malia contar con algo menos de participación que o ano pasado, consolidouse como un evento serio, ben organizado e cheo de fútbol do bo.
📝 COMUNICADO OFICIAL | Fernando Gundín continuará á fronte da UD Cebarca na tempada 2025/26
A UD Cebarca anuncia con orgullo a renovación de Fernando Gundín como adestrador do primeiro equipo de cara á tempada 2025/2026. Será o segundo curso consecutivo de Gundín á fronte do vestiario do Cebarca, nun proxecto que aposta pola continuidade e o crecemento sostido do club. Tras unha tempada na que o equipo logrou clasificarse…

