A voz das persoas que fan o Cebarca
Óscar “Calderón”: o traballo invisible que sostén a UD Cebarca
Hai xente que non sae nas fotos nin marca goles, pero sen a que o club non camiña. Óscar González Calderón leva máis dunha década formando parte da UD Cebarca. Entrou na directiva case sen facer ruído, cando o club empezaba a medrar coa base, e desde entón converteuse nun deses nomes que sempre están:…
David Galdo: “Nunca lle dei importancia aos minutos: mentres lle vaia ben ao Cebarca, eu estou tranquilo”
Hai xogadores que pasan por un club e hai outros que medran dentro del. David Galdo pertence a ese segundo grupo. Criado practicamente ao lado do Bernardino Breijo, formouse no Cebarca desde neno, viviu o club como xogador, como afeccionado e como parte dunha familia profundamente ligada á súa historia. Hoxe, unha lesión frea momentaneamente…
Álex González: “Esta camiseta simboliza a unión dun pobo e dunha afección”
A UD Cebarca inicia a tempada 2025/26 coa ilusión intacta e coa confianza de ter no vestiario un referente: Álex González Piñón, un dos capitáns do equipo e xogador que leva máis dunha década defendendo os nosos cores. A súa historia é tamén a historia do club: compromiso, superación e orgullo por representar a Cerdido.
Fernando Gundín: “O favoritismo hai que demostralo no campo”
O noso adestrador, Fernando Gundín, foi protagonista esta semana no programa Tribuna Deportiva Ferrol de Metro FM, dirixido por Juan Galego. Nunha entrevista amena e cargada de fútbol, repasou a actualidade do equipo, o ambiente no club e os retos que nos esperan nesta tempada 2025/26 en Segunda Galicia. O cartel de favoritos Moitos sitúannos…
Se ha producido un error. Actualiza la página y/o inténtalo de nuevo.
Comparte esto:
- Compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Comparte en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en WhatsApp (Se abre en una ventana nueva) WhatsApp
- Compartir en Telegram (Se abre en una ventana nueva) Telegram
- Enviar un enlace a un amigo por correo electrónico (Se abre en una ventana nueva) Correo electrónico


