📸 Galería | UD Cebarca – C.F. San Sadurniño (1-2)

O Municipal Bernardino Breijo viviu unha tarde especial coa estrea da equipación do 50 aniversario nun partido de máxima esixencia ante o líder.

Non houbo premio no marcador, pero si momentos de intensidade, reacción e unha segunda parte na que o equipo empurrou ata o final. Todo iso queda reflectido nas imaxes dunha xornada que, máis alá do resultado, marca o inicio oficial do ano do noso 50 aniversario.

Xa podes revivir o encontro a través das galerías completas:

👉 Galería oficial UD Cebarca

👉 Galería de Karlos Basoa

Desde o club queremos agradecer o traballo detrás da cámara, que nos permite gardar para sempre estes momentos.

💙🤍 #ImosCebarca

#50AnosXuntos #PaixónEOrgulloDeCerdido #FútbolGalego


Comentarios

Deja un comentario