A U.D. Cebarca caeu este domingo por 3-2 ante a A.D.R. Numancia de Ares en Prados Vellos, no encontro correspondente á 16ª xornada da Segunda Futgal Ferrol. Un partido igualado no global, que se decidiu por detalles e momentos clave.
O Numancia adiantouse moi cedo no marcador, cun gol aos 4 minutos de xogo. O segundo tanto local chegou no minuto 22 tras un desafortunado autogol de Marcos Balseiro, co que se alcanzou o descanso cun 2-0 para os locais.

Na segunda metade, o encontro mantivo a súa intensidade e foi de novo o Numancia quen ampliou diferenzas no minuto 50, colocando o 3-0 no marcador. A pesar do golpe, o Cebarca non baixou os brazos e iniciou unha boa reacción, logrando recortar distancias e meténdose de novo no partido.



No tramo final, o equipo visitante asumiu riscos na procura do empate. Ademais, o partido deixou un momento de preocupación coa lesión de Darío Breijo, que entrara no terreo de xogo no minuto 55 e tivo que retirarse no 72 por molestias.
Xa nos descontos, Javi dispuxo dunha clara ocasión para igualar o marcador, pero o balón non quixo entrar, quedando o definitivo 3-2 en Prados Vellos.
Esta derrota pon fin a unha xeira de cinco vitorias consecutivas, nun campo sempre esixente e ante un rival directo da parte alta da clasificación.
Clasificación
Tras esta xornada, a U.D. Cebarca mantense nas posicións altas da táboa, ocupando a quinta praza con 29 puntos, plenamente metida na loita.

Vindeiro compromiso
O próximo domingo, o Cebarca volverá ao Bernardino Breijo para recibir ao C.F. Mandía. Un partido importante para recuperar sensacións e seguir sumando diante da nosa xente.
Vídeo dos goles
Seguimos no camiño. Con humildade, traballo e confianza no grupo.



Deja un comentario