
A UD Cebarca celebra unha nova edición da súa Festa do Cocido, unha xornada pensada para xuntar á xente arredor da mesa, da música e do sentimento de club.
Un evento que xa é tradición, no que fútbol, convivencia e comunidade van da man, e que este ano se enmarca ademais na celebración do 50 aniversario da UD Cebarca.
📅 Datos do evento
Data: Sábado, 7 de marzo de 2026
Hora: Dende as 14:00 h
Lugar: Polideportivo de A Barqueira (Cerdido)
🍽️ Menú
Menú adultos – 30 €
Sopa · Cocido · Postre · Pan · Viño · Gaseosas · Auga · Café
Menú infantil
Nenos/as de 8 a 12 anos: 15 € Nenos/as ata 7 anos: Grátis
🎶 Música e festa
A xornada contará con verbena aberta a todo o público, a cargo dos dúos
Vaneguay e Acherizados,
e para rematar… DJ para seguir a festa.


📲 Inscricións e reservas
As inscricións estarán abertas ata o domingo 1 de marzo.
Para máis información e reservas:
Steven · 619 347 881 Cristóbal · 628 571 271 Manu · 671 758 410 Jose · 660 079 976 Rita · 661 137 033
💙 Moito máis ca unha comida
A Festa do Cocido é unha oportunidade para reencontrarse, compartir tempo e seguir facendo do Cebarca un punto de unión para o pobo. Un día para gozar sen présas, coa mesma filosofía que define ao club dende hai cincuenta anos.
Agardámoste para celebrar xuntos.
50 Anos Xuntos.
50 Anos Representando Cerdido.

Deja un comentario