
A UD Cebarca xa coñece o seu camiño no soñado playoff de ascenso á Primeira Galicia. O sorteo celebrado este luns deparou un emparellamento de máxima esixencia: os nosos enfrontaranse ao CF Cire Melide, subcampión do Grupo de Santiago cunha traxectoria impoñente.
O rival: un auténtico xigante da categoría

O CF Cire Melide chega á fase de ascenso con números que impoñen respecto:
77 puntos en 30 xornadas 24 vitorias, 5 empates e só 1 derrota 92 goles a favor e 17 en contra Xogadores con experiencia en Preferente e Terceira Equipo sólido, vertical e con oficio en todas as liñas
Un auténtico equipazo. Pero tamén é a oportunidade perfecta para os nosos rapaces de medirse aos mellores, con descaro, traballo e orgullo.

As eliminatorias do playoff serán a dobre partido (ida e volta). O calendario da primeira rolda:
Partido de ida
📅 Domingo 18 de maio 🏟 Municipal Bernardino Breijo (Cerdido)
Partido de volta
📅 Domingo 25 de maio 🏟 Campo Municipal de Melide
En caso de empate global, decidirase por penaltis (sen prórroga).
Gundín: ‘Temos moita ilusión e imos pelexalo ata o final’

Para Fernando Gundín, o acceso ao playoff é moito máis que unha recompensa deportiva: é o reflexo dunha tempada chea de traballo e compromiso. “Doulle unha importancia grandísima a esta vitoria (2-1 vs Cd Cariño) porque nos dá o premio de xogar a fase de ascenso, que creo que o merecemos pola boa tempada e, sobre todo, pola gran segunda volta que fixemos”, asegurou. Con humildade pero ambición, o míster tamén advertía: “Sabemos que as fases de ascenso son moi complicadas, pero temos moita ilusión e estou seguro de que o imos intentar ata o final.”
Quen non quere vivir un partido así?
📅 Domingo 18 de maio
🕛 Hora por confirmar
🏟 Municipal Bernardino Breijo
🎉 Música, ledicia, fútbol e moita festa.
💙 O Bernardino Breijo ten que ruxir como nunca!
⚔️ Un cruce para medir forzas, sentirnos grandes e demostrar de que pasta está feito o Cebarca.

É un partido para vivir. Para sentir. Para contar.
Ven coa tua bufanda. Cos nenos. Coas amizades.
Este domingo… TOD@S AO MUNICIPAL!
Vídeo do sorteo:
💙 Non é só fútbol.
#UDCebarca #Playoff2025 #ÉAgoraOuNunca #CebarcaVsCireMelide #PaixónEOrgulloDeCerdido #FútbolModesto #SegundaFutgal


Deja un comentario