
Antes do arranque da nova tempada, tivemos a oportunidade de falar con Javi Rodríguez, o noso carismático capitán, que volve aos campos despois dunha operación importante. Falamos sobre os cambios no equipo, a pretemporada, e as súas expectativas para o que promete ser un emocionante curso futbolístico.
1 – Javi, tras un verán de moitos cambios, como ves o equipo coa chegada do novo adestrador e os fichaxes recentes?
Javi: Vexo o equipo con moitas ganas e ilusión por esta nova temporada. Moitos cambios pero mantendo a mesma esencia do club.
2 – A pretemporada foi bastante accidentada con varias baixas e incorporacións tardías. Como afectou isto á preparación do equipo?
Javi: Sí, lamentablemente a pretemporada foi un pouco accidentada con varios lesionados que non puideron apenas entrenar nin xogar ningún partido. Aínda así, creo que todos os que estabamos dispoñibles entrenamos e competimos moi ben. A pesar dos resultados negativos da pretemporada, tamén sacamos moitas cousas positivas.

3 – Este ano hai un cambio no sistema de competición na Segunda FUTGAL Ferrol. Cales cres que serán as principais diferenzas ou retos que isto presenta para o equipo?
Javi: Personalmente, creo que esta é unha liga moito máis bonita e interesante respecto dos últimos anos; tamén aumenta a dificultade xa que haberá descensos e ninguén quere perder a categoría.

4 – Falando máis a nivel persoal, tras a túa operación e considerando a túa volta gradual e unha pretemporada con varios contratempos, como te sentes físicamente neste momento? Que esperas poder aportar ao equipo nesta tempada?
Javi: Pois a verdade, neste momento estou moito mellor do que pensaba; a recuperación foi bastante rápida e a pesar de que aínda me queda un pouco para coller forma e confianza, estou contento por como me sinto e espero poder aportar ao equipo toda a experiencia que podo ter e, sobre todo, axudar aos máis novos a mellorar.

5 – Javi, mirando ben aos nosos rivais, poderías darnos tres equipos que cres que son os favoritos para gañar a liga este ano?
Javi: Bueno, creo que todos sabemos a plantilla que ten o Meirás; para min son os claros favoritos a conseguir o título. Despois, creo que o Barallobre tamén se reforzou moi ben e sempre son un equipo moi duro; e logo sempre pode haber algún equipo máis tapado que pode estar ahí.
6 – Como crees que os novos fichaxes, como Deco e os mozos tamém prometedores como Hugo e Víctor, se integrarán no equipo e contribuirán ás aspiracións do club?
Javi: Creo que desde o primeiro momento todos se adaptaron perfectamente ao equipo. Son xente moi boa en todos os aspectos e que lles gusta entrenar e competir, e encaixan perfectamente no noso club. Sobre todo polo bon ambiente que crean, xa están aportando moitísimo ao equipo.
7 – Para rematar, Javi, como describirías a UD Cebarca aos novos xogadores? Que poden esperar ao unirse a este clube tanto no aspecto deportivo como no persoal?
Javi: Bueno, creo que no aspecto deportivo estamos demostrando nos últimos anos que somos un equipo moi competitivo e que todos os rivais nos teñen moitísimo respecto. E no tema persoal, pois que dicir, creo que en poucos sitios se trata tan ben á xente como aquí. Tanto os que levamos media vida como os que acaban de chegar, sentímonos como na casa, e iso non se consegue en todos os lados.
8 – Por ultimo, gustaríanos agradecerte, Javi, por compartir con nós as túas expectativas e experiencias. Deseámosche moita sorte e unha pronta volta ao campo; sen dúbida, a U.D. Cebarca é máis equipo contigo xogando. ¡Esperamos verte pronto en plena forma no verde!
Javi: Gracias como sempre polo teu traballo, e grazas á directiva por todo o traballo que está a facer para que nos poidamos disfrutar ao máximo deste deporte.


Deja un comentario