Entrevista a Gundín, o Novo Adestrador da UD Cebarca

Estamos encantados de dar a benvida a Gundín como o novo adestrador da UD Cebarca. Gundín achega unha ampla experiencia tanto en categorías de base como en equipos sénior, converténdoo no candidato ideal para liderar o noso equipo tras a saída de Gabi. Nesta entrevista, profundaremos nos seus inicios, na súa experiencia e nas súas expectativas para coñecer mellor á persoa que guiará o noso clube.

Benvido, Gundín. Poderías comezar contándonos sobre os teus inicios no fútbol e como evolucionou a túa carreira ata chegar aquí?

Gundín: Grazas! Comecei a adestrar na base do Cedeira S.D., primeiro en categoría cadete e logo xuvenil. Despois do Cedeira, seguí adestrando na base do Racing de Ferrol en categorías infantil, cadete e xuvenil. Dei o paso ao fútbol modesto cando fun para o Viveiro C.F. Logo seguíu a S.D O Val e U.D.Somozas, como segundo adestrador con Stili.

Como influíu a túa experiencia en equipos de base e primeiros equipos na túa filosofía como adestrador?

Gundín: Na base, especialmente nas categorías menores, prima a formación e educación deportiva dos xogadores. Ao acercarse ao primeiro equipo, o obxectivo é maximizar o número de xogadores preparados para participar con él. Creo que é crucial que tamén aprendan a competir. Como adestrador do primeiro equipo, o resultado adquire moita máis importancia. Ter pasado pola base e logo polo fútbol modesto axuda, pois vivín experiencias e retos de diversos tipos, o que enriquece a miña filosofía dependendo do tipo de plantilla e club.

Gundín na banda: Dirixindo as promesas do Racing de Ferrol

Mario e Gabi fixeron un excelente traballo. Este ano, o noso obxectivo é traballar arreo en todos os aspectos, incluíndo os resultados.

Fernando Gundín

Que sabías da UD Cebarca antes de unirte e como se produciu o teu fichaxe?

Gundín: Coñecía ben a UD Cebarca. Meus avós eran da Barqueira e xa visitara o Bernardino Breijo de neno. Sabía que é un club con gran afición e respectado no fútbol da comarca. O fichaxe surxiu tras unha chamada de Antonio e Fabio. Decidín aceptar tras coñecer a seriedade do club e algúns xogadores da plantilla.

Que aprendizaxes da túa experiencia previa consideras valiosas para aquí?

Gundín: Aínda que o rol de segundo adestrador en 3ª RFEF é diferente, todas as experiencias aportan aprendizaxes valiosas para esta nova etapa.

Gundín no Somozas: Colaborando con Stili como segundo adestrador

Que tipo de fútbol esperas que xogue o Cebarca baixo a túa dirección?

Gundín: Aínda é cedo para definir un estilo específico. Primeiro quero observar aos xogadores durante a pretemporada.

Cales son os principais desafíos ao adaptar a túa metodoloxía entre semi-profesionalismo e amateurismo?

Gundín: O principal desafío é axudar a construir un EQUIPO en todos os aspectos e facilitar que os xogadores poidan executar a idea de equipo.

Como ves o legado dos teus predecesores e a traxectoria do clube?

Gundín: Mario e Gabi fixeron un excelente traballo, pero non me sorprende xa que coñézoos e sei que son dous bos adestradores.. Este ano, o noso obxectivo é traballar arreo en todos os aspectos, incluíndo os resultados.

É posible armar un equipo forte en casa que loite polo ascenso?

Gundín: Preferimos ir adestramento a adestramento e partido a partido. Necesitamos tempo para que o novo adestrador e os xogadores se axusten entre si, traballar con humidade e o cabo dos meses ir vendo donde nos vai poñendo o noso traballo e capacidade.

Que características definirían unha tempada exitosa para ti?

Gundín: Construír un EQUIPO en todo o sentido da palabra e que a tempada sexa ilusionante para todos.

Que mensaxe envías á familia do Cebarca?

Gundín: Estou ansioso e con gañas por comezar e comprometido a contribuír a unha boa tempada para o Cebarca.