Comunicado Oficial da U.D. Cebarca:

Despedida e Agradecemento ao noso técnico Gabi

A Unión Deportiva Cebarca anuncia oficialmente que o noso técnico Gabi non continuará ao fronte do equipo a partir da próxima tempada. Gabi tomou esta difícil decisión por motivos persoais e familiares que lle impiden desempeñar a labor con o compromiso e a dedicación que sempre caracterizaron a súa etapa no club.

A dirección do club, tras a Asemblea Xeral Ordinaria celebrada hoxe, xa está a traballar na procura dun novo adestrador que guíe ao Cebarca cara a futuras vitorias.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Gabi por todo o seu traballo, esforzo e dedicación. O Cebarca sempre será a súa casa, e el sempre será parte desta gran familia.

Grazas, Gabi, por todo o que compartiches con nós. Desexámoslle o mellor.

#PaixónEOrgulloDeCerdido


Comentarios

Deja un comentario